top of page

Lentes Violetas

PARA ENTIDADES SOCIOEDUCATIVAS
Logos Sitio Web Lentes Violetas.png
Proxecto Lentes Violetas
Lentes Violetas: O proxecto

Desde 2022 acompañando a entidades sociais, educativas e culturais na construción de espazos máis igualitarios.

Moitas das formas de mirar o mundo aprendémolas, sen decatarnos, ao longo da nosa vida. A través da educación, da familia, das amizades, dos medios de comunicación ou das redes sociais imos incorporando ideas, crenzas e estereotipos que condicionan a maneira na que entendemos a realidade e nos relacionamos coas demais persoas.

 

Pero tamén podemos aprender a mirar doutro xeito.

Lentes Violetas é un proxecto socioeducativo desenvolvido por Aventeira S. Coop. Galega e subvencionado pola Deputación da Coruña, que naceu no ano 2022 co propósito de promover unha mirada máis consciente, crítica e comprometida coa igualdade.

As "Lentes Violetas" son unha metáfora: representan un conxunto de ferramentas, recursos e aprendizaxes que nos axudan a identificar as desigualdades de xénero, cuestionar estereotipos, detectar as diferentes formas de violencia machista e promover relacións baseadas no respecto, a corresponsabilidade, os coidados e o bo trato.

Desde o seu inicio, o proxecto foi medrando e incorporando novas liñas de actuación dirixidas a entidades sociais, educativas e culturais. A través de formacións, materiais didácticos, asesoramento, recursos pedagóxicos e espazos de participación, buscamos acompañar ás persoas e organizacións na construción de contornas máis igualitarias e libres de violencias machistas.

Porque poñerse as Lentes Violetas significa aprender a mirar a realidade con outros ollos. E cando cambia a nosa mirada, tamén cambia a forma na que educamos, participamos e transformamos o mundo.

Imaxes Banner Sitio Web Lentes Violetas.png

Proxecto subvencionado cun importe de 19.987,81€ pola Deputación da Coruña, a través do Programa de Subvencións a Entidades Sen Fins de Lucro para o Desenvolvemento de Programas de Políticas de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes e Loita contra a Violencia de Xénero no ano 2026.

Liñas de Acción

Liñas de Acción

IMG_8499.png
Cursos de EnF con Lentes Violetas

Aprender, compartir e transformar

Espazos de encontro dirixidos a profesionais e persoas voluntarias do eido da Educación Non Formal que combinan formación, reflexión colectiva e recursos prácticos para educar con perspectiva de xénero e  enfoque interseccional.

Pílulas Formativas

Educación para a Igualdade en entidades socioeducativas

Acompañamos a entidades socioeducativas e de tempo libre a través de pílulas formativas adaptadas ás súas necesidades, achegando ferramentas prácticas para incorporar a perspectiva de xénero e promover a igualdade na súa acción cotiá.

IMG_8504.png
IMG_8501.png
Plans de Igualdade

Guía para construír entidades máis igualitarias

Compartimos a nosa experiencia nunha guía práctica para facilitar a elaboración voluntaria de Plans de Igualdade en entidades socioeducativas, con orientacións, exemplos e ferramentas adaptadas á súa realidade.

Fronte ás Violencias Machistas

Protocolos e Puntos Violetas para entidades

Acompañamos a entidades sociais, educativas e culturais na creación de protocolos e na formación de equipos para previr, detectar e actuar fronte ás violencias machistas desde unha perspectiva feminista, comunitaria e adaptada á súa realidade.

IMG_8502.png
IMG_8503.png
LAB de Asembleas Feministas

Grupos de participación xuvenil en centros educativos

Promovemos a creación de asembleas feministas, LGTBIQA+ e espazos de masculinidades disidentes nos centros educativos, ofrecendo formación, acompañamento e recursos prácticos para construír comunidades escolares comprometidas coa igualdade.

Kits de Actividades

Recursos prácticos para educar en igualdade

Dinámicas, materiais educativos e guías didácticas para traballar en prol da igualdade, a diversidade afectivo-sexual e de xénero, e a prevención das violencias machistas de forma adaptada a diferentes contextos socioeducativos.

IMG_8500.png
IMG_8498.png
Mapa de Recursos Violetas

Repositorio colaborativo para educar en igualdade

Explora centos de recursos organizados por categorías: publicacións, materiais audiovisuais, itinerarios formativos e moito máis, nun espazo dixital en constante actualización e de libre acceso

Cursos Lentes Violetas
Pílulas Formativas
Plans de Igualdade
Fronte ás Violencias Machistas
LAB de Asembleas Feministas
Kits de Actividades
Mapa de Recursos Violetas
Info
Contacto

Tes algunha dúbida sobre o proxecto? Gustaríache levar algunha das nosas propostas á túa entidade ou centro educativo? Queres colaborar con nós ou saber máis sobre as distintas liñas de actuación?

Estaremos encantadas de escoitarte para atopar, man a man, a proposta que mellor se adapte ás vosas necesidades e inquedanzas.

 

Contacta con nós e poñámonos as Lentes Violetas xuntas!

E-mail lentes.violetas@aventeira.com

Teléfono • (+34) 722 349 483 

Web • www.aventeira.com

  • Instagram
  • Facebook
Logos Sitio Web Lentes Violetas.png
bottom of page